X Premios Trueiro.
Os premios anuais do Xornal Trueiro distinguen a todas aquelas persoas, entidades, organizacións, asociacións e sociedades que teñan destacado ao longo do ano na defensa do medio natural galego e na divulgación dos valores sociais e deportivos da pesca continental.
A gala de entrega deste ano será o sábado 25 de novembro, ás 8 da tarde, no Auditorio de Silleda. Como en anos anteriores, a gala estará presentada por Terio Carrera (xornalista deportivo da TVG) e na mesma proxectarase un documental da Factoría Auiodvisual de Trueiro sobre a vila que acolle os premios.
No acto intervirá o Presidente da Sociedade de CeP de Silleda, Xesús Pérez Caramés, e o Director do Xornal Trueiro, Alberto Torres; correspondendo o peche do acto ao Alcalde de Silleda, Manuel Cuiña.
A Sociedade de Caza, Pesca e Tiro de Silleda, xa foi distinguida co Premio Trueiro en 2015.
Galardoados 2017:
Maria Jose Servia (Bióloga)
Polo seu traballo de investigación a prol das augas continentais.
Pepe Guzmán (Pescador)
Por toda una vida adicada á xestión da pesca.
Ali Pérez Trebolle (Campeón de España Juvenil-Mosca)
Polos seus méritos na competición, polo Campionato de España Xuvenil acadado o ano pasado e pola súa participación no Mundial deste ano.
Vicente Longo (Artesano asturiano)
Por facer fantasía da montaxe de moscas e por estar recoñecido como un dos mellores montadores do mundo.
Feria del Salmón de Asturias
Pola organización dunha feira exemplar onde a cultura salmoneira acada a máxima expresión.
Emilio Fernández Román (Escritor)
Por selo autor de referencia a nivel nacional e pola súa defensa da pesca e do pescador.
Canal Caza y Pesca de Movistar+
Polo seu xornalismo e a atención que prestan ao sector en Galicia. Recollerá Nacho Rojo, Editor de Pesca da canle.
Joaquín España (Periodista y Escritor)
Por Toda unha vida adicada ao xornalismo de pesca e por selo decano do xornalismo especializado a nivel nacional.
Antonio Pérez Henares (Periodista y Escritor)
Polo seu compromiso coa pesca e con Galicia.
Darío Campos (Alcalde A Pontenova)
Pola organización da Festa da Troita da Pontenova e pola defensa dos valores desta actividade deportiva.