Quantcast
Channel: Santi Nitas 2.0
Viewing all articles
Browse latest Browse all 751

Un Xuvia de campeóns. Felicidades.

$
0
0
O EQUIPO DE PESCA A MOSCA DA “SOCIEDADE CAZA E PESCA DE XUVIA” PROCLAMASE  CAMPEÓN AUTONÓMICO DESTA MODALIDADE

O equipo de pesca a mosca da “Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia” constituído por Rafael Belas, Vicente Pico, José Manuel Baldonedo e Alberto Mera, proclamou-se campeón galego o pasado domingo en Coristanco.
Esta proba, correspondente á modalidade Salmónidos Mosca por equipos (Liga de Clubes) celebrou-se nos rios Anllóns e Xallas, coutos de Verdes e Santa Comba respectivamente. A ela asistiron numerosos equipos de todas as provincias galegas. Durante o transcurso da mesma as integrantes da equipa de Xuvia realizaron numerosas capturas que lles valeron finalmente a primeira praza con unha vantaxe de 24 pontos sobre o segundo clasificado.
Trátase da 2ª vez que este equipo desta sociedade consegue este título en tan só tres anos, colocándose asi como o club mais laureado de Galicia nesta modalidade.
Deste modo o equipo da “Sociedade de Caza e Pesca Xuvia” representará a Galicia no próximo Campeonato de España que se realizará no rio Narcea (Asturias), entre os dias 29 de agosto e 1 de setembro do presente ano.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 751

Trending Articles